O Concello de Lugo pon en valor a plantación de 37.000 unidades de plantas de temporada

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, visitou diversos espazos emblemáticos da cidade, como o Parque de Rosalía e a Praza Maior, para avaliar os resultados da campaña de plantación de bulbos e plantas ornamentais levada a cabo polo Concello durante o pasado outono.
Coa chegada da primavera, a floración de especies como tulipas, narcisos e xacintos comeza a encher de cor os principais puntos verdes da cidade.
Esta iniciativa, promovida pola área de Transición Ecolóxica, supuxo a colocación de máis de 37.000 unidades de plantas de tempada e 16.500 bulbos florais en 29 espazos públicos, cunha inversión superior a os 51.000 euros.
Miguel Fernández resaltou que “coidar a estética e a biodiversidade dos espazos públicos tamén é mellorar a calidade de vida da veciñanza” e engadiu que estas accións contribúen a facer de Lugo unha cidade máis atractiva e acolledora. Con esta intervención, o Concello de Lugo continúa avanzando no seu compromiso por unha cidade máis sostible e amable para todos.