O Concello de Lugo porá este febreiro unha nova Plataforma de Contratación Municipal

LugoXa
El ayuntamiento de Lugo pondrá en marcha una nueva plataforma de contratación municipal que facilitará la transparencia.
conexion ordenador mobil
9 Feb 2022

Este mes de febreiro poñerase en marcha unha nova Plataforma de Contratación Municipal que se encargará de garantir a igualdade de oportunidades, favorece a concorrencia e incrementa a transparencia.

A iniciativa enmárcase no Plan de Acción da Alcaldía deseñado a inicios de mandato para modernizar a Administración local, especialmente naqueles aspectos que gardan relación coa simplificación e coa eficacia dos procedementos burocráticos ou que repercuten de xeito directo na mellora das relacións coa cidadanía.

Logo do diagnóstico que a Intervención xeral fixo sobre o funcionamento do Concello o equipo económico artellou unha serie de medidas correctoras que, partindo primeiramente da ordenación do persoal, se centran agora en habilitar novos mecanismos que permitan asumir con maior dilixencia os procesos de contratación, facturación e contabilidade local, sempre coa vocación de ser máis áxiles, máis accesibles e máis próximos á veciñanza.

Entre outras actuacións, á implantación dun modelo de seguimento da actividade relacionada coa elaboración dos pregos de prescricións técnicas dos diferentes procedementos de adxudicación así como á avaliación trimestral que se realiza dos contratos menores. Agora complétase coa publicación desta Plataforma coa que se pretende propiciar a participación nos concursos públicos sabedores de que esa competitividade aberta servirá tamén para rendibilizar os recursos económicos que se invisten na adquisición de bens, servizos e/ou prestacións.

Esta nova ferramenta dixital será sinxela e moi intuitiva no seu manexo de maneira que calquera persoa poida acceder a ela para realizar consultas, informarse das bases de contratación, ou inscribirse nas adxudicacións en curso. Permitirá ademais a creación dun rexistro de licitadores que poderán inscribirse naquelas categorías que se correspondan coa actividade que desenvolven ou na que teñan interese, de maneira que, mediante un sistema de alertas, serán notificados da apertura de novos procedementos así como dos avances que se produzan neles.

As empresas terán á súa disposición unha liña de soporte gratuíto e un número de teléfono de contacto para resolver calquera dúbida, alén dun vídeo explicativo que exercerá de titorial para empregar o novo sistema.

Esta Plataforma suporá ademais un salto cuantitativo en materia de control e rigorosidade, de forma que, trala tramitación ordinaria que segue agora calquera contratación de tipo menor, dende a área de Intervención se executará un último trámite de comprobación a fin de supervisar os aspectos formais da mesma para ratificar a súa corrección antes de crear a nova licitación.

O desenvolvemento interno da aplicación atopase nun nivel moi avanzado e será este venres cando está previsto que comece a preparación, en distintos niveis, dos empregados e empregadas municipais, conforme á usabilidade que se fixo deste tipo de procedementos no último ano e coa finalidade de formalos no seu manexo pero tamén de incorporar todas aquelas suxestións e apreciacións que posibiliten perfeccionar o seu funcionamento antes de poñela a disposición das empresas.

Con esta nova plataforma, o Concello de Lugo será unha das poucas Administracións locais do país en contar cun sistema tan informatizado.

0.1368670463562