O Concello de Lugo premiado como 'Mellor entidade pública Galega' pola súa xestión deportiva

LugoXa
El ayuntamiento de Lugo recibirá el galardón de Mejor entidad pública gallega que pone en valor su gestión deportiva.
pistas as pedreiras
3 Mar 2022

O Concello de Lugo recibirá en Vigo o premio que a Sociedade Galega de Xestores Deportivos (Agaxede) lle outorgou na categoría de “Mellor entidade pública galega’. Esta galardón entrégase a municipios de máis de 15.000 habitantes ou outras institucións públicas pola xestión de plans ou proxectos de actividades, espazos ou infraestruturas e calquera outro recurso que contribúa á mellora e desenvolvemento da deporte no ámbito territorial da súa competencia.

O galardón ven de recoñecer o traballo que desenvolveu o Concello lucense ao longo dos últimos anos, “unha labor inxente no relativo á promoción, desenvolvemento e difusión do Deporte como eixo vertebral do noso modelo de cidade. Impulsando a práctica do deporte como recreación, divertimento e complemento fundamental da formación integral durante todo o ano, tanto en períodos lectivos, como en fins de semana e épocas vacacionais”, incidiu Lara Méndez.

Lugo, pode presumir de ser a cidade galega que dispón de máis e mellores instalacións públicas para todo tipo de prácticas deportivas, o que é realmente importante para potenciar o deporte base.

Entre os méritos, o xurado valorou a ampliación da dotación de espazos deportivos ao longo do municipio, así como a promoción da práctica deportiva como un instrumento para a adquisición de valores tales como a solidariedade, a colaboración, o diálogo, a tolerancia, a non discriminación, a igualdade entre sexos, a deportividade e o xogo limpo, promovendo a implicación e a activa participación das familias para o desenvolvemento das diferentes actividades, a través das asociacións ou clubs.

Así mesmo, se tiveron en conta os programas deportivos con gran impronta na poboación, como o popular circuíto de carreiras populares ‘Corre con Nós’ que, desde hai máis de 20 anos, saca á rúa a grandes e pequenos levando o deporte popular polos barrios de Lugo; os proxectos de formación e sensibilización dunha vida saudable para a poboación e o apoio aos clubs deportivos da cidade, incrementando anualmente as axudas económicas que se achegan coas subvencións municipais, e o apoio aos talentos deportivos que xorden cada ano para que poidan compaxinar estudos e adestramento.

Todo este traballo, realizado ao longo destes anos, deu como resultado o de ser unha das cidades de España con maior presencia de equipos na máxima categoría deportiva nacional: o CB Breogán, presente en Liga ACB; o CD Lugo de Segunda División da liga Profesional; o Ensino competindo na máxima competición de baloncesto feminino nacional; o club EMEVE, presente na máxima categoría do Voleibol Nacional nas súas categorías masculina e feminina. Sen esquecer a deportistas de talla mundial como son Jorge Prado, Adiaratou Iglesias...

A Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE), entre as súas actividades, convoca anualmente os Premios Galicia á Xestión Deportiva para distinguir a persoas e entidades que destacan pola súa contribución ao desenvolvemento e excelencia da xestión deportiva do sector público e privado en Galicia.

Os galardóns serán entregados ás 20.00 horas do venres, 4 de marzo, na sede de AFUNDACION de Vigo, no transcurso dunha Gala organizada polo Concello de Vigo co apoio de AGAXEDE (Asociación Galega de Xestión Deportiva).

0.19340682029724