O Concello de Lugo prepara as actividades para celebrar as letras galegas

LugoXa
Entre o 14 e o 20 de maio, as áreas de Cultura e Educación achegan diversas opcións para achegar a lingua galega á veciñanza
presentacion-actividades-letras-galegas
10 May 2025

Rubén Arroxo estivo acompañado de Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, presentou as actividades coas que a Tenencia de Alcaldía celebrará o Día das Letras Galegas na semana do 14 e o 20 de maio. Maite Ferreiro destacou que “un ano máis, as rúas de Lugo celebrarán a nosa lingua e cultura, ofrecendo propostas para todas as idades e fomentando o uso do galego como ferramenta de cohesión e identidade”. Ademais foron protagonistas do evento ediles do goberno e integrantes de Alianza pola Lingua

A programación arrancará o 14 de maio na Praza da Mosqueira cunha actividade interactiva de construción e retrato de palabras, pensada para que a veciñanza poida xogar co idioma e deixar a súa pegada na cidade, e que se seguirá a realizar ata o día 20.

O 16 de maio, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá dous pases do concerto “Loira”, a cargo de Abraham Cupeiro, ás 18:30 e ás 21:00 horas.

O día das Letras Galegas, 17 de maio, a actividade comezará ás 13:00 horas no templete da Praza Maior cun concerto da agrupación Claustro Música. Xa pola tarde, a Praza Maior converterase no epicentro das actuacións corais, cunha ampla representación de agrupacións locais, dende o Coro Xuvenil de Lugo ata o Orfeón Xoan Montes, rematando cunha actuación conxunta de todas as corais ás 20:30 horas. En caso de choiva, as actuacións trasladaranse ao Vello Cárcere.

Tamén o 17 de maio, o Auditorio Fuxan os Ventos será escenario do concerto “Eu, Francesca”, interpretado por Gallaecia Ensemble Barroco.

Na semana das letras tamén a Tradescola celebrará o ciclo “Sons de Maio arredor da Tradición Oral” con actuacións de aulas de música e baile tradicional da Tradescola na Praza da Soidade de Lugo. Unha serie de pequenos concertos para gozar coa nosa música e o noso baile Tradicional, interpretado por alumnado e profesorado da Tradescola onde non faltarán gaitas, zanfonas, requintas, percusións, acordeóns, cantareiras e por suposto bailadores e bailadoras.

O sábado 18 de maio, a Banda Filharmónica e Cántigas e Frores ofrecerán un concerto conxunto na Praza de Ferrol ás 13:00 horas, mentres que no templete da Praza Maior celebrarase o festival dos grupos de baile das actividades extraescolares organizadas pola concellería de Educación, tamén ás 13:00 horas.

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva, como xa se fixo na elección dos trobadores da ría de Vigo en 1998, cos que se rendeu homenaxe á poesía medieval. Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.

⚙ Configurar cookies
0.20203900337219