O Concello de Lugo pretende crear un obradoiro dual de emprego para 20 desempregados

LugoXa
El ayuntamiento de Lugo pretende crear un taller de empleo dual sobre las tecnologías, márketing y creación de contenido.
desenvolvemento Local nun dos obradoiros impartidos no CEI
6 Abr 2022

A área de Desenvolvemento Local, quere poñer en marcha un obradoiro de emprego dual co que o Goberno de Lara Méndez aposta por seguir creando oportunidades laborais, nesta ocasión, para 20 persoas desempregadas.

Esta mañá o equipo de Goberno autorizaba a aprobación inicial do proxecto así como a concorrencia da Administración municipal ás subvencións autonómicas da Xunta de Galicia, cuxa concesión resulta imprescindible para poder levalo a cabo.

Baixo o nome ‘Lugo Sostible 5.0’ a iniciativa pretende “poñer en valor e promover a cidade sustentable que somos, con ferramentas dixitais e contidos multimedia interactivos e audiovisuais, ao tempo que se dota a 20 traballadores/as de coñecementos e destrezas profesionais que faciliten o seu acceso ao mercado laboral con garantías suficientes, partindo dunha situación de desemprego”, avanzou a concelleira.

“Trátase, pois, de impulsar mediante a aplicación das TIC e a xeración de contidos multimedia interactivos, todos os recursos tanto históricos, culturais e naturais do municipio cun enfoque centrado na sostibilidade, orientados a sectores turísticos – por ser este un ámbito consolidado e en plena expansión – no que, cada vez, se demandan máis servicios relativos a este campo, e que nos permite combinar actuacións transversais ligadas ao ocio, á cultura e á calidade de vida tanto da cidadanía como dos e das visitantes”, sinalou González Abelleira.

“A iniciativa – segundo explicou a concelleira – tería unha duración dun ano, tempo no que o alumnado poderá estar remunerado co salario mínimo profesional o a que converte non só nunha oportunidade formativa, senón tamén nunha fonte de ingresos para todas estas persoas”.

‘Lugo Sostible 5.0’ foi deseñado para ofrecer tres módulos sobre Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxías Web, Desenvolvemento de Produtos Audiovisuais Multimedia Interactivos e Xestión de Márketing e Relacións Públicas.

“Unha programación integrada e conforme aos itinerarios de inserción profesional, dirixida á obtención dun certificado de profesionalidade o que permitirá que, ao rematar a súa participación no proxecto, as persoas participantes estean en condicións de incorporarse ao mercado laboral para ocupar postos de traballo vencellados coa imaxe, a edición dixital, o desenvolvemento de aplicacións multimedia, o desenvolvemento de aplicacións web, a xestión de eventos promocionais, deseño de estratexias de marketing, etc.; postos que contan cun mercado laboral a través de empresas de servizos especializadas”, referiu a edil ao tempo que sinalou que se trata dunha oferta formativa dirixida a un sector da sociedade amplo e especialmente centrada no colectivo de parados de longa duración coa finalidade de achegalos a un ámbito laboral novo.

“A formación e a mellora da empregabilidade é un dos obxectivos prioritarios do Executivo de Lara Méndez para a recuperación do municipio na etapa da post-pandemia, unha meta na que se está a traballar con diferentes plans de actuación”, referiu a responsable de Desenvolvemento Local, en tanto “o turismo resulta tremendamente beneficioso para as economías locais admitindo, alén, a incorporación de elementos creativos e innovadores que resultan clave para a competitividade das empresas, na sociedade da información e o coñecemento”.

A tenente de alcaldesa reiterou que a organización obradoiro, que tería un custo de 524.987 euros, depende da cofinanciación da Consellería de Emprego e Igualdade que achegaría en torno ao 95% do seu financiamento.

0.050158977508545