O Concello de Lugo promove un Curso de Upcycling Textil, Reciclaxe e Moda Circular

A Concellería de Xuventude de Lugo, coa colaboración do Plan Nacional sobre Drogas, activa un novo curso gratuíto dentro do programa +XTi centrado na moda sostible e a reutilización de materiais: o Curso de Upcycling Textil, Reciclaxe e Moda Circular.
A proposta está dirixida á mocidade lucense de entre 18 e 35 anos e desenvolverase na Casa da Xuventude entre o 6 de xuño e o 19 de xullo.
A actividade estrutúrase en dúas quendas alternativas: unha os venres de tarde, de 16:30 a 20:30 horas,) e outra os sábados de mañá, de 10:00 a 14:00 horas. Cada grupo contará con 15 prazas, sumando un total de 30 persoas participantes.
Durante as sesións, aprenderán técnicas básicas de costura, reciclaxe e customización, creando totebags, prendas e complementos a partir de materiais recuperados.
As inscricións estarán abertas entre o 26 de maio e o 4 de xullo e a selección farase por orde de inscrición entre as persoas que cumpran os requisitos: ter entre 18 e 35 anos e estar empadroadas ou residir en Lugo. No caso de que queden prazas vacantes, abrirase a posibilidade a persoas doutros perfís.