O Concello de Lugo puxo en marcha un plan especial de limpeza para a festividade de Todos os Santos

LugoXa
Con motivo do Día de Todos os Santos, Rubén Arroxo anunciou os horarios dos buses especiais do cemiterio municipal
Lugo-traballos-de-limpeza-paraTodos-os-Santos
29 Oct 2024

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Transición Ecolóxica, está a realizar os últimos traballos do plan especial de limpeza no cemiterio municipal para a festividade de Todos os Santos. Mauricio Repetto, responsable en funcións da área, puxo en valor o esforzo realizado: "Queremos que cada persoa encontre o cemiterio atendido ata o último detalle para esta data tan importante"

Así, desenvolvéronse diversas actuacións que abranguen tanto o desbroce como o baldeo en puntos clave, co obxectivo de manter as instalacións en condicións óptimas para recibir as visitas. “Este dispositivo especial reflicte o compromiso do Goberno local coa conservación dos espazos públicos, demostrando o respecto e dedicación que esta festividade merece”, subliñou Repetto.

Entre o 16 e o 18 de outubro realizáronse os primeiros traballos de desbroce na Carretera Vella de Santiago e arredores do cemiterio, empregando dous tractores e catro operarios con desbrozadoras manuais e sopradores eléctricos. Posteriormente, desde o 24 de outubro, levouse a cabo unha limpeza profunda na entrada principal e na zona dos mirtos, coa participación de dous operarios e un vehículo eléctrico.

Actualmente, estase realizando un baldeo a alta presión de todos os corredores do cemiterio, tanto na zona antiga como na nova, mediante unha máquina hidro limpiadora, e co apoio de tecnoloxía de vapor a presión (Vaporjet) no corredor central e entrada principal. O día 31, o dispositivo culminará cun baldeo mixto nas zonas duras e accesos principais, utilizando un camión cisterna.

Para garantir o mantemento diario do cemiterio, desde o 26 de outubro ata o 2 de novembro, dous peóns apoiados por un vehículo eléctrico están a traballar para que o espazo se manteña en óptimas condicións durante todas as xornadas de visitas.

"Facemos un esforzo adicional nestas datas para que o cemiterio sexa un lugar de recoñecemento e tranquilidade para quen se achegue a honrar aos seus", engadiu Repetto.

NOVOS HORARIOS DE AUTOBÚS

Con motivo do Día de Todos os Santos, o tenente alcalde do Concello de Lugo e responsable da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou os horarios dos buses especiais do cemiterio municipal. "Como cada ano, habilitamos un bus complementario que comunicará o centro da cidade co cemiterio, reforzando á liña 10 que continuará o seu percorrido habitual", explicou Arroxo.

O percorrido especial partirá desde a parada de Obras Públicas, continuando pola Ronda da Muralla, rúa Santiago, e Volta da Viña, chegando ao cemiterio tras pasar pola Estrada Vella de Santiago.

O percorrido de volta ao centro será pola Estrada Vella de Santiago, rúa Santiago e Rolda da Muralla, rematando na parada de Obras Públicas.

Na hora en punto, e cunha frecuencia de 30 minutos, poderase coller o bus en Obras Públicas, mentres que as chegadas ao cemiterio realizaranse a e 30 e a e 45.

Este bus estará dispoñible nos momentos de maior afluencia no cemiterio, funcionando o 31 de outubro entre as 15.00 e as 19.00 horas, e o venres 1 en horario de 10.00 a 19.00 horas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18758296966553