O Concello de Lugo reafirma a súa colaboración con Raiolas para mellorar a vida das persoas con TEA e TCS

LugoXa
O tenente alcalde e a concelleira de Cultura reuníronse coa nova directiva da asociación para reforzar o apoio institucional
reunion-raiolas-Lugo
15 Aug 2025

O tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, mantiveron un encontro coa nova directiva de Raiolas, entidade sen ánimo de lucro que traballa na provincia para apoiar a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e Trastornos da Comunicación Social (TCS).

Durante a reunión, Maite Ferreiro destacou a relevancia desta asociación “á hora de mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e TCS” e reafirmou o compromiso municipal de continuar colaborando co tecido asociativo, especialmente con colectivos que desenvolven unha importante labor social na cidade.

A edil puxo como exemplo a cooperación en iniciativas como as festas do San Froilán, nas que o posto de información turística da praza Maior se habilitou como punto de recollida de cascos de protección para nenas e nenos con TEA e TCS, facilitando así a súa participación e desfrute das celebracións.

Raiolas, declarada de Utilidade Pública no ano 2011, está integrada por pais e nais de persoas con autismo e traballa para mellorar a calidade de vida deste colectivo, promovendo a súa integración familiar e social a través de diversas actividades e programas de apoio.

⚙ Configurar cookies
0.14960885047913