O Concello de Lugo reclama axilidade ao Estado na achega das comunicacións do Rexistro

LugoXa
A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, reclamou ao Goberno do Estado unha maior axilidade á hora de distribuír as comunicacións achegadas ao Rexistro Xeral do Estado.
rexistro xeral ordenador informatica
20 Nov 2023

A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, reclamou ao Goberno do Estado unha maior axilidade á hora de distribuír as comunicacións achegadas ao Rexistro Xeral do Estado. Segundo afirmou a edil de Participación, “unha gran parte da veciñanza decide utilizar este rexistro, mais se funciona con atraso, o Concello de Lugo non pode atender ás peticións das veciñas e veciños de xeito correcto”.

Un escrito rexistrado por unha asociación veciñal a través do Rexistro Xeral do Estado o pasado 18 de outubro non foi recibido no Rexistro Municipal ata o 13 de novembro. “Un atraso na distribución do escrito que non fixo máis que impedirnos atender á veciñanza de xeito correcto”, explicou a edil de Participación.

Cristina López lembrou que o uso dos medios telemáticos é obrigatorio para empresas e asociacións, “e o goberno do estado ten que garantir que o seu sistema de rexistro realice a distribución dos escritos de xeito áxil”.

0.17038297653198