O Concello de Lugo renova o asfalto na avenida das Américas

LugoXa
O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, informou que o Goberno de Lugo continúa a coa renovación cun novo asfaltado na Avenida das Américas.
AVENIDA AMERICAS BNG
29 Xuño 2023

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, informou que o Goberno de Lugo continúa coa renovación dos espazos públicos de Lugo cun novo asfaltado na Avenida das Américas. Arroxo explicou "continuamos a traballar na renovación integral desta rúa, intervindo no treito entre a rúa Pomar e a Fonte dos Ranchos, garantindo o bo estado dunha das rúas de Lugo que máis tráfico acollen".

A solución executada pola Concellería de Infraestruturas consiste na creación dunha nova baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal.

Rubén Arroxo afirmou que esta actuación da continuidade ao traballo realizado no pasado ano. “Comezamos coa renovación da parte final da rúa, o que comunica coa N-540, e con esta nova intervención cumprimos co obxectivo de renovar esta rúa por completo”.

Arroxo lembrou que "desde o Goberno de Lugo traballamos na atención aos distintos barrios, atendendo ás peticións das veciñas e veciños sobre as zonas nas que desenvolven a súa vida"."As peticións da veciñanza, xunto coas visitas que realizamos por toda a cidade permítennos planificar o traballo que realizamos, buscando mellorar a calidade de vida e o benestar das veciñas e veciños", afirmou o Tenente Alcalde.

0.19973397254944