O Concello de Lugo reparte 64.400 euros para a promoción de actividades

LugoXa
A Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, aprobou as subvencións destinadas a asociacións culturais que desenvolven a súa actividade na cidade de Lugo.
cartos impostos billetes pago comercio
28 Ago 2023

A Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, aprobou as subvencións destinadas a asociacións culturais que desenvolven a súa actividade na cidade de Lugo. Trátase de 9 subvencións nominativas a distintas asociacións, que permitirán, segundo explicou Maite Ferreiro “garantir unha parte importante da programación cultural de Lugo e a continuidade de asociacións cun importante arraigo en Lugo”

O Goberno de Lugo inviste 64.400€ nestas actividades, entre as que figuran a Semana de Cine de Lugo, o Correlingua, o Festival de Jazz ou a gala Mestras e Mestres da Memoria, “actividades xa consolidadas no calendario cultural lucense”, explicou Maite Ferreiro.

A Fundación Manuel María de Estudos Galegos recibe unha axuda por importe de 4.000,00 euros para a conservación e difusión do legado de Manuel María mentres que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, por importe de 6.000,00 euros, para a celebración da Gala dos mestres e mestras da memoria 2023.

Ademais o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá recibe 20.400,00 euros para a celebración da XLV semana do Cine de Lugo e a Asociación Cultural Correlingua 3.000,00 para o Correlingua 2023.

Asociación de Amigos do Jazz EscobiJazz terá 25.000,00 euros para a celebración do XXXIII Semana de Jazz de Lugo e a Xunta de Confrarías, 6.000,00 para a da Semana Santa.

0.19105410575867