O Concello de Lugo reúnese coas parroquias de Monte de Meda e Santiago de Saá

LugoXa
A edila de Cohesión Territorial Ana González Abelleira reuniuse coa veciñanza das parroquias de Monte de Meda e Santiago de Saá.
visitas_rural_ana_abelleira_concello_lugo
3 Maio 2024

A edila de Cohesión Territorial Ana González Abelleira reuniuse coa veciñanza das parroquias de Monte de Meda e Santiago de Saá. Esta serie de encontros enmárcanse dentro das visitas programadas que esta área está a levar a cabo na zona rural co obxectivo fortalecer os lazos comunitarios e coñecer de primeira man as necesidades das diversas parroquias que compoñen o noso municipio. “A través do diálogo directo e a acción coordinada, procuramos construír un municipio máis inclusivo, próspero e cohesionado”, sinalou González Abelleira.

O propósito destas reunións transcende a mera presentación. “Máis aló diso, representan unha oportunidade única para establecer un diálogo construtivo cos veciños e veciñas, así como cos pedaneos e colaboradores locais”, sinalou González Abelleria. O obxectivo é coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza de todas as zonas para así poder realizar un estudo de diagnóstico e, á súa vez, confeccionar un plan de traballo que responda as prioridades e demandas sociais específicas de cada área.

En paralelo a estas reunións, as brigadas do Concello do ámbito do rural e outros servizos municipais comúns a todo o territorio, como a brigada Eléctrica e a de Augas, están a levar a cabo un labor coordinado para atender de maneira eficiente as urxencias que poidan xurdir nas distintas parroquias.  Ademais, o equipo de Cohesión Territorial está a dedicar especial atención aos centros de dinamización do ámbito rural, onde se desenvolven diversas actividades de interese comunitario.

"Contamos con locais onde é necesario realizar unha optimización das actividades para poder compatibilizar os distintos usos que selevan a cabo nestas instalacións municipais. Mentres que noutros casos, será preciso realizar traballos encamiñados a lograr a súa dinamización, adaptándoos ás necesidades e preferencias da veciñanza", sinalou a concelleira. Deste xeito, Ana Abelleira, que segue sendo a tenenta de alcaldesa da área e voceira, concentra todas as súas competencias en Cohesión Territorial.

Atención ao rural

A atención á zona rural é prioritaria para o Executivo de Paula Alvarellos polo que se incrementa a dedicación de González Abelleira que se centrará exclusivamente neste ámbito, dentro do que se inclúe a xestión de todo tipo de infraestruturas e dotacións dende a conservación e dinamización sociocultural dos centros cívicos ata a rede viaria, de abatecemento e saneamento, alumeado público, sinalización, conservación do patrimonio, etc.

Así mesmo penderá deste departamento o Parque Móbil, anteriormente ligado á área de Xestión Integral de Recursos Internos. Pola súa parte, Olga López Racamonde incrementa as súas competencias asumindo, alén de toda a parte de Benestar Social e Maiores, a xestión e a dinamización dos centros cívicos da capital e as relacións co tecido asociativo. Así mesmo, créase unha nova concellería: Muller, Igualdade e Inclusión, da que será titular a nova edila Ángeles Novo e da que penderá ademáis da Casa da Muller.

 

0.20133304595947