O Concello de Lugo sufre un ciberataque
LugoXa
O Concello de Lugo foi vítima dun ciberataque. Así o informou o Goberno Local que denunciou os feitos diante o Centro Criptolóxico Nacional.
5 Maio 2022
O Concello de Lugo foi vítima no día de hoxe dun ciberataque. Así o informou o Goberno Local que denunciou os feitos diante o Centro Criptolóxico Nacional e a Policía Nacional que, dende a UDEF, iniciou a correspondente investigación para esclareces este ataque.
O Goberno local non posibilitou máis información ao respecto "para non interferir no labor policial". Con todo, descartan que se trate dunha actuación de tipo indiscriminado dirixida por mafias senón que "parece obedecer a un ataque dirixido especificamente contra a Institución local", din dende o Goberno. Así o consideran ao compronar que o ciberataque foi executado empregando como reclamo datos concretos e moi elaborados relacionados coa actividade da Administración.