O Concello de Lugo suma dúas furgonetas eléctricas ao parque móbil

LugoXa
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, visitou as instalacións do parque móbil, situadas no Parque da Milagrosa, para coñecer os novos vehículos que veñen de incorporarse á flota municipal.
8 Xan 2024

En concreto, trátase de dúas furgonetas eléctricas que se destinarán aos servizos de Conserxería e Enxeñaría, coas que o Concello continúa avanzando na modernización do parque móbil. Neste senso, a rexedora destacou que “continuamos dando pasos para renovar e ampliar a nosa flota de vehículos sostibles, unha aposta ligada ao modelo de cidade no que estamos a traballar e no que a loita contra o cambio climático e a redución das emisións de CO2 son dous piares fundamentais”.

A maiores, o Concello tamén adquiriu unha furgoneta de segunda man para a Brigada de Asfaltado, dependente da Área de Impulso Rural, para o transporte de persoas, así como de ferramentas e instrumentos. E, por outra banda, acondicionáronse dúas motos que estaban a ser empregradas pola Policía Local e que agora pasarán ao servizo de Protección Civil do Concello.

0.15116906166077