O Concello de Lugo suspende a viaxe institucional a Lisboa para promover o Arde Lvcvs

LugoXa
A decisión débese ás dificultades organizativas das cidades portuguesas coas que se coordinaba a participación conxunta
Casa-Consistorial-Concello-de-Lugo
25 Feb 2026

O Concello de Lugo anunciou a suspensión da expedición institucional prevista a Lisboa, destinada á promoción internacional do Arde Lvcvs, ao quedar condicionada a presenza municipal á participación conxunta das cidades portuguesas implicadas.

Viana do Castelo e Braga comunicaron as dificultades organizativas que están a experimentar coa estrutura do evento, situación que podería impedir a súa asistencia e que condiciona directamente a participación de Lugo nesta iniciativa, ao tratarse dunha acción conxunta previamente acordada.

O Goberno local explicou que o Concello permanece á espera da decisión definitiva das cidades colaboradoras, mais, ante a incerteza existente, optouse por cancelar a viaxe prevista para evitar desprazamentos sen garantías organizativas suficientes.

Con todo, o Concello de Lugo continúa a traballar na planificación dunha nova acción promocional en Europa que permita reforzar a proxección internacional do Arde Lvcvs e consolidalo como un dos eventos de recreación histórica de referencia no panorama cultural europeo.

0.13730382919312