O Concello de Lugo toma medidas de maneira provisional para canalizar as chamadas do 010
O Concello de Lugo reorganizou esta mañá o servizo de conserxería do Concello para que varios efectivos deste departamento que exercen as súas funcións como ordenanzas no Edificio Administrativo do Seminario, se encarguen nos vindeiros días, e de acordo ás funcións que teñen asignadas na RPT, da atención ao público persoal, telefónica e telematicamente, así como de prestarlle á cidadanía que acuda ás dependencias municipais a información sobre localización de persoas, servizos e calquera outro aspecto relacionado co Concello.
Segundo a tenente de alcaldesa “se pretende, así, habilitar unha solución alternativa e provisional que palie a ausencia desta prestación mentres a concellería de Participación prepara os pregos dun novo procedemento e tramita una licitación ponte, a través dun expediente menor, para restablecer as liñas.
“Unha cuestión que se está a abordar pola vía da urxencia para diminuír o impacto que ocasiona, tanto para a Institución como para a veciñanza, non dispoñer dun servizo de atención telefónica”, subliñou a concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos.
Deste xeito, a área de Participación Cidadá achegará á veciñanza, a través da páxina web municipal, unha serie de instrucións para que as persoas interesadas en contactar co Concello de Lugo poidan ser atendidas e redirixidas aos departamentos correspondentes nos que poderán resolver as súas consultas. Tamén lles axudarán a concertar, de ser este o caso, as citas que precisen cos diferentes servizos municipais.