O Concello de Lugo vén de instalar 14 novas papeleiras no barrio de Recatelo

LugoXa
O edil Mauricio Repetto subliñou que “para facilitar o civismo, tamén é necesario dotar aos veciños de servizos como este"
papeleiras-Lugo
16 Nov 2024

A Concellería de Transición Ecolóxica do Concello de Lugo vén de instalar 14 novas papeleiras no barrio de Recatelo, atendendo ás solicitudes das asociacións veciñais e reforzando o contacto continuo co tecido social da zona.

As papeleiras están distribuídas por diferentes rúas: catro na rúa Isaac Díaz Pardo, unha na Vila de Sarria, outra na Avelino Pousa Antelo, tres na Pascual Veiga, unha na Ribadeo, tres no Carril dos Loureiros - pendentes da finalización das obras -, e unha na rúa Recatelo.

O edil Mauricio Repetto subliñou que “para facilitar o civismo, tamén é necesario dotar aos veciños de servizos como este, que exemplifican o noso compromiso co medio ambiente e coa atención ás demandas veciñais”.

Tamén incidiu no traballo en colaboración coas asociacións veciñais, “fundamental para mellorar os servizos públicos e contribuír a unha cidade máis sostible e limpa”.

0.20032405853271