O Concello de Monterroso continúa avanzando no mantemento e mellora de camiños rurais

LugoXa
O Concello de Monterroso continúa avanzando nos traballos de mantemento e mellora de camiños rurais.
O Concello de Monterroso continúa avanzando nos traballos de mantemento e mellora de camiños rurais
11 Out 2023

O Concello de Monterroso continúa avanzando nos traballos de mantemento e mellora de camiños rurais. O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, e o concelleiro Balbino Martínez, acompañados do xefe de obras da empresa Taboada e Ramos supervisaron este martes os traballos que están levando a cabo para a mellora do camiño municipal que vai desde a Airexe á estrada LU-P-3301.

Tras a limpeza da vía nas pasadas semanas, actualmente estase acometendo as tarefas de asfaltado. Esta actuación forma parte do mantemento e mellora de camiños no Concello de Monterroso que financia o Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024 da Xunta de Galicia por un importe de 79.298 euros.

Ademais desta obra, tamén se vai a realizar unha actuación no camiño municipal de Lodoso, ao longo de Penela, Lodoso e A Lucencia, pertencentes á parroquia de San Xoán de Lodoso, ata a intersección coa estrada LU-P3301 pertencente á Deputación de Lugo.

O rexedor, Eloy Pérez, quixo destacar a relevancia duns traballos que van a permitir "mellorar de xeito significativo" estes camiños municipais, o que conleva unha mellora da seguridade para vehículos e transeúntes.

O Concello de Monterroso continúa avanzando nos traballos de mantemento e mellora de camiños rurais
0.26512002944946