O Concello de Monterroso convoca un concurso de fotografía polo 8M

LugoXa
O certame limítase ao ámbito do traballo. As imaxes poden presentarse desde o 8 ao 28 de marzo e elixiranse tres gañadores
miniatura 8m monterroso concurso fotografía
5 Mar 2021

O Concello de Monterroso vén de convocar a primeira edición do concurso de fotografía con motivo do Día Internacional da Muller. O certame céntrase no ámbito do traballo, coa finalidade de que "a través das imaxes se reflicta o papel das mulleres e o seu eido laboral cotián, e así darlles visibilidade e o lugar que merecen", segundo explican desde o ente local.

As persoas interesadas en participar neste concurso, que non ten limitacións en canto á idade, deberán enviar un correo electrónico coa indicación 'I Concurso de Fotografía A Muller Traballadora' á dirección espazo.lorenzo.varela@gmail.com. Ademais das fotografías, no mesmo correo debe indicarse o título das mesmas, así como o  nome, apelidos e DNI do participante. Pódense presentar un máximo de tres instantáneas por persoa.

As fotografías deberán ser orixinais, en cor, e feitas tanto con cámaras como con móbiles. Está prohibido o uso de programas de retoque fotográfico ou de filtros.

O prazo para a presentación dos traballos estenderase desde o 8 ao 28 de marzo, ambos os dous incluídos.

Un xurado elixirá aos tres gañadores do concurso, que recibirán tarxetas monedeiro por valor de 200, 100 e 50 euros, para gastar en establecementos do municipio. A decisión darase a coñecer o 31 de marzo, e haberá ademais un agasallo para o resto dos participantes.

Todas as fotografías que se presenten a este primeiro concurso de fotografía convocado con motivo do 8M en Monterroso serán logo expostas no Espazo Cultural Lorenzo Varela da localidade.

8M monterroso concurso fotografía
0.1969780921936