O Concello de Monterroso e Turismo de Galicia colaboran na humanización de sete rúas do municipio

LugoXa
As actuacións desenvolveranse nas rúas Álvaro Cunqueiro, Avenida do Marco, Xoán Montes, Irmán Xesús, travesía da Feira, rúa da Xesta e San Miguel
mellora-rúas-Monterroso-Xunta
9 Jun 2025

O Goberno local do Concello de Monterroso vén de asinar un convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia para executar un ambicioso proxecto de mellora urbana que permitirá a humanización de sete rúas da localidade.

As actuacións desenvolveranse nas rúas Álvaro Cunqueiro, Avenida do Marco, Xoán Montes, Irmán Xesús, travesía da Feira, rúa da Xesta e San Miguel.

Nos sete viarios procederáse á reparación e mellora da capa de rodadura e, en función das necesidades de cada rúa, repintaranse as marcas viarias e instalaranse novas luminarias led que contribuirán a unha mellor iluminación e eficiencia enerxética.

O investimento total desta actuación ascende a 96.430 euros, financiados integramente pola Xunta de Galicia. O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, acompañado polo concelleiro Balbino Martínez, visitou os puntos onde se levarán a cabo as obras e sinalou que “seguimos adiante co compromiso de mellorar estas vías que se atopan moi deterioradas, o que permitirá unhas mellores condicións de seguridade e mobilidade para os usuarios e usuarias”.

⚙ Configurar cookies
0.16912293434143