O Concello de Monterroso finaliza a mellora do camiño municipal no núcleo de Marzán

LugoXa
As obras consistiron na aplicación dunha capa de rodadura adecuada para o camiño, co obxectivo de mellorar o seu uso e funcionalidade
asfaltado-camiño-municipal-Marzán-Monterroso
9 Apr 2025

O Concello de Monterroso completou as obras de mellora do camiño municipal no núcleo de Marzán, que se atopaba en mal estado.

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, acompañado polos concelleiros do equipo de Goberno, supervisou o remate dos traballos.

As obras consistiron na aplicación dunha capa de rodadura adecuada para o camiño, co obxectivo de mellorar o seu uso e funcionalidade, e evitar a presenza constante de baches que dificultaban a circulación segura de vehículos.

O custo total desta actuación ascendeu a 24.145 euros, financiados a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024.

Ademais, o Concello ten previsto levar a cabo o asfaltado da vía que conecta Montecalvo coa N-540, pasando por Sampaio (LU-P-3303), un tramo de titularidade da Deputación Provincial.

⚙ Configurar cookies
0.16098499298096