O Concello de Monterroso finaliza as obras de mellora no camiño de Sambreixo, Ladar e A Goleta
O Concello de Monterroso anunciou a finalización das obras de mellora do camiño municipal que conecta os núcleos de Sambreixo, Ladar e A Goleta.
Esta actuación foi posible grazas ao financiamento do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2024 da Deputación de Lugo, cun orzamento total de 34.489 euros.
Os traballos centráronse na instalación dunha nova capa de rodadura, deseñada para garantir un uso axeitado e funcional do camiño. Ademais, a mellora busca evitar a formación constante de fochas, que representaban un risco para a seguridade na circulación e dificultaban o tránsito.
O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, supervisou o remate das obras nunha visita oficial ao lugar, acompañado por dous concelleiros do equipo de Goberno. Durante a visita, destacouse a importancia desta intervención para mellorar a conectividade e a calidade de vida dos veciños destas áreas.
Esta actuación enmárcase no compromiso do Concello de Monterroso de optimizar as infraestruturas locais e reforzar os servizos nos núcleos rurais do municipio.