O Concello de Monterroso homenaxea a Irene Fernández Piñeiro pola súa xubilación

LugoXa
O municipio recoñece a dedicación da enfermeira tras décadas de servizo á veciñanza
Irene-Fernández-Piñeiro-enfermeira-centro-médico-Monterroso
19 Nov 2025

A enfermeira do Centro Médico de Monterroso Irene Fernández Piñeiro recibiu unha homenaxe do Concello con motivo da súa xubilación, un acto no que o alcalde, Eloy Pérez, lle entregou un ramo de flores e unha carta de agradecemento en nome de toda a veciñanza.

O escrito salientaba a súa “incansable implicación” ao longo dos anos para garantir que Monterroso dispuxese sempre “dos mellores servizos sanitarios posibles”, recoñecendo así unha traxectoria marcada polo compromiso profesional e humano.

Na misiva, o rexedor puxo en valor o esforzo e a dedicación de Fernández Piñeiro, destacando que, grazas ao seu traballo e ao dos seus compañeiros, os habitantes do municipio puideron contar cunha atención “segura, próxima e de calidade”.

Pérez asegurou que leva consigo “o respecto, a admiración e o agradecemento sincero de todo un pobo que a considera parte imprescindible da súa historia”, nun emotivo recoñecemento que pon fin a unha etapa decisiva para a sanidade local.

⚙ Configurar cookies
0.18370008468628