O Concello de Monterroso impulsa novas xornadas do taller ‘Volta á Calma’

LugoXa
A actividade, centrada no benestar emocional das mulleres, regresará o 29 de novembro e o 20 de decembro
Espazo-cultural-Lorenzo-Varela-Monterroso
23 Nov 2025

O Concello de Monterroso volve poñer en marcha unha nova edición do taller Volta á Calma, unha iniciativa dirixida a mulleres que celebrará dúas sesións os días 29 de novembro e 20 de decembro no ximnasio do Espazo Cultural Lorenzo Varela.

O programa, orientado ao coidado emocional e ao equilibrio persoal, ofrecerá espazos de traballo grupal e individual centrados na mente, o corpo, as emocións e a conduta.

A actividade está organizada polo Concello e conta coa cofinanciación do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, no marco das accións destinadas a promover recursos de apoio e benestar para as mulleres do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.065291881561279