O Concello de Monterroso loou o traballo dos voluntarios do Banco solidario de roupa
O Concello de Monterroso gaba o traballo dos voluntarios e voluntarias do Banco solidario de roupa.
O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, achegouse ata o Banco solidario de roupa de Monterroso para agradecer o traballo dos voluntarios e voluntarias, así como das doazóns recibidas por parte dos veciños e veciñas.
O roupeiro solidario atópase no primeiro andar do Espazo Cultural Lorenzo Varela e nel recóllese todo tipo de roupa de vestir, complementos ou roupa de cama, que despois se reparte para que outras persoas que a precisan poidan darlle un segundo uso.
Os voluntarios e voluntarias axudan de xeito desinteresado a clasificar as prendas e ordenar as entregas. O reparto da roupa faise os mércores en horario de 11:30 a 13:30 horas.
As persoas interesadas en facer doazóns poden achegarse ao Espazo Cultural Lorenzo Varela.