O Concello de Monterroso mellora a iluminación do parque empresarial

LugoXa
Para poder realizar este investimento, o Concello de Monterroso conseguiu unha axuda da Consellería de Economía, Industria e Innovación
mellora-iluminación-Monterroso
30 Dec 2024

O Concello de Monterroso levou a cabo os traballos de mellora da iluminación do parque empresarial da vila, unha actuación para a cal o Goberno local contou cunha axuda de 24.564 euros da Xunta de Galicia. A actuación tivo un orzamento total de 30.705 euros, que o Goberno galego financiou nun 80 %.

Para poder realizar este investimento, o Concello de Monterroso conseguiu unha axuda da Consellería de Economía, Industria e Innovación destinada á habilitación e mellora de infraestruturas en parques empresariais.

En concreto, o proxecto incluíu a substitución das 47 luminarias do parque, de tipo LED de potencia 60W, por unhas novas luminarias LED de potencia 110W e con mellor rendemento de vatio/lumen que as anteriores. Deste xeito, evítase ter que duplicar a liña de alumeado existente para cubrir as necesidades do parque, o que sería máis custoso en investimento e mantemento.

Proximamente, o Goberno municipal, dirixido por Eloy Pérez, ten previsto realizar unha nova mellora no alumeado do parque empresarial co fin de mellorar a súa eficiencia enerxética e completar a iluminación dalgunhas zonas que aínda están escuras.

0.16383790969849