O Concello de Monterroso organiza un concurso de decoración de Nadal

LugoXa
O Concello de Monterroso organiza o III Concurso de Decoración de Nadal con unha categoría comercial e outra asociativa
Concurso Monterroso Nadal Portada
7 Dec 2022

O Concello de Monterroso organiza o III Concurso de decoración de Nadal. Esta campaña ten como finalidade amosar as obras anónimas de decoración que realizan os veciños do Concello, coincidindo coas datas de Nadal co obxectivo de dinamizar a participación activa dos cidadáns e colaborar en infundir un ambiente de Nadal decorado baseado no traballo común, na fraternidade e na cooperación.

O concurso contará con dúas categorías, unha comercial na que poderán participar empresas privadas ubicadas en Monterroso e que realicen a súa montaxe dento do término municipal e que poderán estar en escaparates ou nas fachadas dos negocios. E outra categoría asociativa na que poderán participar asociacións inscritas no Rexistro Municipal de asociacións.

O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente de Nadal e haberá total liberdade en canto á técnica e estilo. Valorarase a a creatividade, a orixinalidade, a combinación de elementos e cores, a iluminación e composición, os motivos empregados para decorar e o uso de materiais reciclables.

Para realizar a inscricións será necesario presentar os impresos que están dispoñibles no Espazo Cultural Lorenzo Varela cumprimentados ao correo electrónico concursos.concello.monterroso@gmail.com antes do 10 de decembro. E o día 12 de decembro será preciso enviar ata un máximo de 3 fotos do elementao decorado, facendo constar no asunto do correo electrónico Participación Concurso Decoración de Nadal así como o nome da persoa ou entidade participante.

Os elementos decorativos de Nadal deberán estar expostos durante o período mínimo do 12 de decembro ata o 8 de xaneiro, ambos inclusive. O gañadores serán anunciados na web do Concello de Monterroso o día 23 de decembro e consistirán en tarxetas moedeiro para consumir en empresas locais. O primeiro premio da categoría comercial serán 300€ e o segundo 250€. Para a categoría asociativa haberá un premio de 200€.

Concurso Monterros
0.17862391471863