O Concello de Monterroso organiza un taller de emocións a través do movemento

Con motivo do Día Internacional da Muller, o Concello de Monterroso organiza para o vindeiro domingo 9 de marzo un taller de emocións a través do movemento.
Esta actividade, que terá lugar ao longo da xornada, está pensada para fomentar a expresión e o benestar emocional a través da danza e do movemento corporal.
As persoas interesadas en participar deberán realizar a súa inscrición previamente, e poden obter máis información ou inscribirse chamando ao teléfono 629 610 484.
Esta actividade está enmarcada dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, co obxectivo de promover a igualdade e sensibilizar sobre a importancia de vivir unha vida libre de violencia.