O Concello de Monterroso vén de recibir novo material tecnolóxico
O Concello de Monterroso vén de recibir novo material tecnolóxico trala a adhesión ao Plan de Reforma e Ampliación da Rede Cemit. Todo o material estará a disposición na Aula Cemit no Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade.
Este material, que xa se entregou no mes de marzo, é unha impresora 3D, un xogo de robótica composto por 6 robots educativos e 6 xogos de construción, cinco unidades de drons, dúas unidades de gafas de realidade virtual e dous controladores e un xogo de placas de comunicación e programación , composto por catroplacas tipo Arduino e raspberry Pi 4 Model Quad-core 64 bits.
O alcalde de Monterrso, Eloy Pérez, vén de recibir a entrega da segunda parte do material, que se compón de 18 ordenadores, 10 tablets, 1 webcam, 1 usb, 1 trípode con anel de luz e 1 panel Croma.
Estes dispositivos serán instalados nos vindeiros días e estarán a disposición do veciños e veciñas da vila en datas próximas, a través do programa de actividades para o 2024 no que xa traballa o Goberno local.