O Concello de Monterroso volve repartir un lote de productos desinfectantes aos hostaleiros
O aumento de casos nos últimos días obriga ao Concello a apoiar aos negocios da vila cunha campaña na que se repartirá un lote de produtos desinfectantes aos hostaleiros da vila.
Esta medida leva implantada no Concello co fin de axudar na medida do posible a sufragar os custos que poden supoñer a protección fronte ao virus.
Os lotes valorados en máis de 8.000 euros constan de 10 litros de xel hidroalcohólico, 12 dispensadores de xel, 15 litros de lexía, 3 botellas de desinfectante, 50 máscaras FPP2 e 200 máscaras quirúrxicas.
Con este tipo de iniciativas búscase apoiar de novo ao sector hostaleiro, un dos máis afectados e castigados pola pandemia.
Esta é a terceira ocasión na que se realiza un reparto masivo de material, incluso adiantándose antes de ser obrigatorios e entregando medidores de CO2 aos negocios. A maiores, os produtos son mercados en comercios do pobo co que se axuda non só a hostalería senón tamén comercio local.