O Concello de Negueira de Muñiz informa de cortes no subministro eléctrico

O Concello de Negueira de Muñiz informa de cortes no subministro eléctrico durante tres días por melloras no servizo
bombilla luz electricidade
7 Mar 2023

O Concello de Negueira de Muñiz informa de cortes no subministro eléctrico que afectarán a varios pobos do concello para levar a cabo unha mellora na calidade dos servizos. 

No día de hoxe, martes 7 marzo suspenderase o subministro eléctrico dende as 15.00 ata as 18.30 no pobos Bustarvelle, Bustelo, Cancio, Entralgo, Ernes, Gamalleira, Negueira, Ouviaño, Pieiga, Río Raseda, Robledo, Santalla, Sarceada, Seira, Tallobre, Vilarmeor e Vilaseca. 

O vindeiro luns 13 de marzo o horario de suspensión do subministro será de 9.30 a 13.00 e afectará aos pobos de Bustarvelle, Bustelo, Cancio, Gamalleira, Ouviaño, Pieiga, Robledo, Santalla, Tallobre, Villarmeor e Vilaseca. 

O xoves será o último día con cortes que darán comezo ás 9.30 e rematarán ás 13.00 afectando aos pobos de Gamalleira, Robledo e Vilarmeor. 

0.11425280570984