O Concello de Outeiro de Rei celebra a Festa dos Xubilados
O Concello de Outeiro de Rei celebrará unha nova edición da Festa dos Xubilados que terá lugar o venres día 5 de xullo na área recreativa do Campo de Santa Isabel coincidindo coa Feira de Artesanía.
A misa solemne terá lugar ás 13:30 horas e abrirá unha programación amenizada polo dúo Los Adrianos.
Todas as persoas con dereito a participar na devandita festa, é dicir, xubilados/as empadroados/as neste concello, deberán apuntarse nas oficinas da Casa da Cultura (xunto ao Colexio) en horario de 10:00 h a 14:30 h ou tamén poden facelo dando os seus datos ao alcalde de barrio da súa parroquia pagando os 5 euros que custa a invitación. Para inscribirse hai que dar nome e apelidos e achegar o DNI ou xustificante de que é pensionista se non ten os 65 anos.
As persoas que acudan como acompañantes e non estean xubiladas deberán aboar 30 euros para obter a súa invitación.
O prazo para recoller as invitacións, tanto na casa da cultura como a través dos alcaldes de barrio permanecerá aberto ata hoxe, 28 de xuño.
Todas as persoas que asistan á festa deberán ir provistas dunha invitación.