O Concello de Outeiro de Rei convoca un ano máis o concurso de postais

O Concello de Outeiro de Rei convoca por décimo ano o Concurso de Postais Nadal no que poderán participar rapaces e rapazas empadroados neste municipio ou que estuden no Colexio Público Laverde Ruíz.
Hai dúas categorías, unha para nenos de 1º a 3º de Educación Primaria e outra para os de 4º a 6º de Educación Primaria.
Os traballos tratarán sobre o Nadal, valorarase a imaxinación, orixinalidade, colorido e calidade da execución, con atención á idade dos nenos e das nenas concursantes; terán que presentarse en formato 15X21 cm (medio folio) e poderán realizarse tanto en sentido horizontal como vertical.
Poderanse presentar ata un máximo de 2 traballos por participante.
O prazo de presentación de traballos permanecerá aberto do 5 ata o 20 de novembro e poderán entregarse na Casa da Cultura ou á conserxe do colexio.
Pódese obter máis información nas bases do concurso e na Casa da Cultura (982 393 408).