O Concello de Outeiro de Rei presenta as actividades de verán 2024 con ata 440 prazas dispoñibles
Dende este luns 3 de xuño ata o venres 14 de xuño, o Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para as actividades de verán 2024.
As actividades ofertadas polo concello para este verán seguirán temáticas deportivas como pilates, tiro con arco, piragüismo, pádel... e como novidade o I Curso de Pesca. Estarán tamén dispoñibles actividades relacionadas coa cultura e lecer, con campamentos urbáns, obradoiro de plantas aromáticas, curso de defensa persoal feminina e moito máis.
Además levaránse a cabo interesantes actividades de promoción da muller.
Para inscribirse nestas actividades deberase acudir as oficinas municipais do concello de Outeiro de Rei de luns a venres en horario de mañá de 10:00 horas a 14:30 horas.
Para máis información contactar ao 982 39 34 08 ou visitando a páxina web www.outeiroderei.gal.