O Concello de Outeiro realiza obras de mellora na ruta Miradoiro da Terra Chá
Na actualidade o Concello de Outeiro de Rei está a realizar varias actuacións de mellora na ruta de sendeirismo Miradoiro da Terra Chá. Esta ruta une as parroquias de Gaioso e Francos nunha zona catalogada como Reserva da Biosfera.
As actuacións consisten, por unha banda, na mellora do firme nalgún dos tramos da ruta que non se atopan en bo estado de conservación dificultando así o tránsito peonil. Colócase una valla cubrecontenedores no núcleo tradicional de Susavila e un conxunto formado por mesa e bancos de madeira tratada.
Doutra banda, as actuacións inclúen a mellora na sinalización da propia ruta, reparando as sinais deterioradas, repoñendo as sinais ausentes, colocando frechas e un novo sinal indicativo do inicio da ruta no tramo modificado no seu inicio e eliminando as sinais existentes no tramo que se modifica. Ademáis, disponse de sinalización mediante paneis interpretativos situados en puntos representativos da ruta nos que se inclúe información da ruta, dos espazos naturais, cartografia de elaboración propia, fotografías e un vínculo mediante código QR con vídeos áereos elaborados exclusivamente para este traballo e que serán aloxados en webs propias do Concello orientadas a este contido.