O Concello de Palas acometeu a apertura de camiños forestais na parroquia de Albá

LugoXa
El ayuntamiento de Palas de Rey acometió trabajos de acondicionamiento en los caminos de la parroquia de Albá y está preparando los de Pambre.
festa da xuventude de Muimenta
4 Apr 2022

O Concello de Palas de Rei atendeu ás peticións dos veciños da parroquia de Albá e acometeu a apertura de preto de 4 quilómetros de camiños forestais na parroquia de Albá. Con esta actuación, que afectou a cerca de 200 parcelas de uso forestal, víronse beneficiados máis de 50 propietarios da zona.

O alcalde, Pablo Taboada, destacou a importancia destes traballos para facilitar o acceso a unha zona con especial dificultade para executar camiños forestais e agradeceu a dispoñibilidade de terreo realizado polos veciños da parroquia. Así mesmo, informou que nas próximas semanas realizaranse aperturas nas parroquias de Pambre e a ampliación dos accesos ó campo da Ulloa entre outros.

O Concello está a espera de ter a dispoñibilidade formal dos últimos propietarios para executar os traballos.

O acondicionamento dos camiños e pistas é fundamental para garantir a comodidade dos veciños e o tratamento dos seus terreos.

0.16576504707336