O Concello de Palas de Rei acometerá unha reforma na estación de augas residuais

LugoXa
O Concello de Palas de Rei acometerá unha reforma na estación de augas residuais do ente local, será a ampliación do sistema
obras ampliacion edar palas de rei
15 Nov 2021

O Concello de Palas de Rei acometerá unha reforma na estación de augas residuais do ente local. As obras, consistirán nunha ampliación do sistema de depuración e mellora do sistema enerxético, permitirán incrementar en preto de 600 habitantes a capacidade de depuración da planta, prevista inicialmente para 3.500 persoas e en virtude desta obras tería unha capacidade de depurar para máis de 4.000 persoas.

Con elo, o Concello tamén pretende dar resposta ós días de maior afluencia de turistas e peregrinos que pasan pola vila palense. As obras, que serán acometidas polo Concello de Rei, terán un importe de execución de 550.000 euros, dos cales, o Concello aporta 250.000 euros de fondos propios e os restantes 300.000 euros, prevense de fondos europeos, do Next Generation.

Tamén, se actuará no “sistema de alimentación enerxética da planta”, coa pretensión da implantación de enerxías renovables para evitar o esceso de consumo derivado dos últimos incrementos no prezo da enerxía. Con está medida, o Concello Palense agarda abaratar nun 60% o coste do recibo enerxético, elo, vai permitir, poder seguir mantendo as actuais tarifas polo suministro do servizo, sen ter que transpasar ós veciños os importantes incrementos derivados dos altos prezos actuais da enerxía.

Nos vindeiros días, tamén prevese a finalización das obras que se están executando na planta situada entre Filgueira e os accesos a vila de Palas de Rei, consitentes no incremento do caudal de bombeo nun 20%, para evitar os problemas de turbidez os días de tormenta. Esta inversión, supón perto de 50.000 euros que son sufragados integramente por Augas de Galicia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18081593513489