O Concello de Palas de Rei aprobou as Contas Xerais 2023
O Concello de Palas de Rei celebrou un Pleno ordinario o día 14 de marzo de 2024 onde se trataron asuntos como a aprobación das contas xerais.
Así, na Conta Xeral do 2023 presentouse a liquidación cun superávit orzamentario de 7.000 euros en positivo e un remanente para gastos xerais de 156.000 euros.
Tamén deuse conta das resolucións e decretos da Alcaldía, e tomouse razón da dimisión do concelleiro socialista José Manuel García Miguélez.
No relativo ás mocións tratáronse a presentada polo Grupo Municipal Socialista relativa o 8M día Internacional da Muller, que aposta polo feminismo para acadar unha sociedade mellor; por acabar coas desigualdades entre homes e mulleres; e por sumar esforzos e recursos para acabar coa violencia de xénero. Moción que foi aprobada por unanimidade.
E outra presentada polo Grupo Municipal Popular relativa a reprobación das palabras do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, o día 13 de marzo de 2024 no Congreso dos Deputados, nas que se aludía aos “concelleiros de aldea” dun xeito pouco respectuoso. A moción foi aprobada polos 8 concelleiros populares e co voto en contra das dúas concelleiras do grupo socialista.