O Concello de Palas de Rei comenza as obras da estación depuradora de auga potable

LugoXa
O Concello de Palas de Rei comenza as obras de mellora e ampliación da estación depuradora de auga potable de Palas de Rei.
estacion depuradora de auga potable de Palas de Rei
7 Out 2021

O Concello de Palas de Rei comenza as obras de mellora e ampliación da estación depuradora de auga potable de Palas de Rei.

Con esta actuación preténdese incrementar o caudal de bombeo nun 20% e asimismo evitar os problemas de turbidez os días de tormenta. A inversión suporá perto de 50.000 euros que serán sufragados integramente por Augas de Galicia.

A depuradora de Palas de Rei ten capacidade para prestar servizo aos máis de 3.000 veciños de Palas de Rei, así como tamén, aos diferentes pelegríns que fan uso das augas ao seu paso polo Camiño de Santiago nesta localidade.

0.21222305297852