O Concello de Palas de Rei convoca, un ano máis, un concurso de postais de Nadal
O Concello de Palas de Rei convoca, un ano máis, un concurso de postais, no que poderán participar todos os nenos e nenas do CEIP de Palas de Rei.
Este certame faise co propósito de fomentar a creatividade, a expresión artísticas, o espírito participativo e os valores sociais e solidarios, e nel poderán participar no concurso todas e todos os alumnos e alumnas do CEIP de Palas de Rei. Cada autor poderá presentar ata un máximo de 1 postal.
O prazo para entregar as postais para o concurso será do 4 ao 15 de decembro e as postais deberán presentarse ben no CEIP ou ben nas oficinas do Concello de Palas de Rei.
O concurso de postais contará con 4 categorías, Infantil, 1.º e 2.º de Primaria, 3.º e 4.ª de Primaria e 5.º e 6.º de Primaria. O tema do concurso é o Nadal e as obras deberán ser orixinais e inéditas.
Ao finalizar o Concurso e co obxecto de difundir as obras, iniciarase unha exposición coas postais premiadas e as declaradas finalistas. A dita exposición celebrarase a partir da data de entrega dos premios e terá unha duración de 3 semanas.