Palas de Rei estudará as inmatriculacións da Igrexa

Deste xeito, o Concello palense desenvolverá unha depuración de todas as inscricións realizadas nos últimos tempos, a fin de comprobar "que non afecten a servizos ou a bens titularidade pública ou privada".
Palas de Rei, onde goberna o popular Pablo Taboada, é un dos municipios da provincia onde se rexistran máis inmatriculacións pola Igrexa nos últimos anos.