O Concello de Palas de Rei impulsa a VI Andaina contra a Violencia de Xénero

LugoXa
A actividade colectiva, que terá lugar o 23 de novembro, ten como obxectivo mesturar deporte e solidaridade así como amosar dito problema social
Castelo de pambre
14 Nov 2024

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Palas de Rei impulsa a VI Andaina contra a Violencia de Xénero ao Castelo de Pambre.

A actividade colectiva, que terá lugar o 23 de novembro, ten como obxectivo mesturar deporte e solidaridade, así como visibilizar dito problema social e manifestar a nosa implicación e compromiso na loita contra o mesmo.

As persoas participantes sairán ás 11.00 horas diante do Concello de Palas de Rei, e percorrerán os oito quilómetros que separan a Praza do Concello do Castelo de Pambre pasando polas parroquias do Carballal, Curbian, A Ulloa e Sambreixo, para rematar no Castelo de Pambre, emblema da Comarca da Ulloa.

Co lema 'Non máis Violencia contra as Mulleres', preténdese denunciar a violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións, "amosar a nosa repulsa e rexeitamento contra esta lacra social e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respeto e a igualdade entre homes e mulleres", din desde o Concello.

Dende o CIM de Palas anímase á participación cidadá, tanto de asociacións, colectivos, como de toda a veciñanza, non só de Palas de Rei, senón que tamén outros Concellos se unan nesta Andaina reivindicativa.

Os participantes deberán inscribirse previamente na dependencias do Concello ou no Centro de Información a Muller de Palas, a inscipción e gratuita.

Este ano cóntase como socio colaborador desta Andaina o grupo empresarial Jim Sport, sita en Palas de Rei, "expresando así o seu compromiso co deporte e coa igualdade e que suma os seus esforzos na consecución do logro dunha sociedade libre de violencia de xénero", explican.

0.22829794883728