O Concello de Palas de Rei inicia melloras viarias en Berbetouros, Marzá, Santo Xusto e Rumín

LugoXa
As obras, cun investimento de preto de 200.000 euros, beneficiarán máis de 300 veciños de cinco parroquias
Concello-Palas-de-Rei
16 Jul 2025

O Concello de Palas de Rei puxo en marcha esta semana as obras de aglomerado nos núcleos de Berbetouros, Marzá, Santo Xusto e Rumín, incluídas nun novo paquete de actuacións financiado a través do Plan de infraestruturas rurais (PIR) e o Plan Único, cun orzamento global que se achega aos 200.000 euros.

Estes proxectos permitirán mellorar os accesos e condicións de mobilidade para máis de 300 habitantes, beneficiando directamente a unha superficie correspondente a cinco parroquias do municipio.

Segundo explicou o alcalde, Pablo Taboada, o executivo local continuará impulsando investimentos nas distintas aldeas e núcleos rurais, coa previsión de superar os 1,6 millóns de euros destinados a mellorar os accesos ás diferentes localidades de Palas de Rei antes de que finalice o presente mandato municipal.

⚙ Configurar cookies
0.16556787490845