O Concello de Palas de Rei investirá 40.000 euros na mellora da piscina municipal
O Concello de Palas de Rei acometerá obras de mellora nas infraestruturas da piscina municipal. Este proxecto supón un investimento de preto de 40.000 euros que servirán para renovar e modernizar as instalacións municipais da piscina asentadas na área dos Chacote.
Grazas a unha axuda da Secretaría Xeral para o Deporte, actuarase no vaso principal, mellorando a estanquidade do mesmo, así como no sistema de impermeabilización.
Tamén se acometerán melloras na contorna para ser utilizada durante a época estival polos veciños e veciñas do municipio; polos integrantes do campamento xuvenil e do campo de traballo, que a diario acoden a facer uso das instalación; así como polos peregrinos e turistas que aproveitan a súa estadía para descansar e relaxarse nas súas instalacións.