O Concello de Palas de Rei recibe 33.000 euros da Xunta para mellorar o Parque Empresarial

LugoXa
As actuacións previstas inclúen a pavimentación da zona de aparcadoiro, onde se crearán 24 novas prazas de estacionamento
parque-empresarial-Palas-de-Rei
13 Jun 2025

O Concello de Palas de Rei recibiu unha subvención de 33.000 euros por parte da Xunta de Galicia destinada á mellora das infraestruturas no Parque Empresarial.

As actuacións previstas inclúen a pavimentación da zona de aparcadoiro, onde se crearán 24 novas prazas de estacionamento, así como a mellora do acceso á nova piscina que está en construción.

O alcalde palense, Pablo Taboada, agradeceu á Consellería de Industria a axuda concedida, destacando que esta inversión “repercutirá positivamente no empresariado palense”.

As obras serán executadas directamente polo propio Concello cun prazo de realización previsto dun mes.

⚙ Configurar cookies
0.165442943573