O Concello de Palas de Rei recollerá de balde os plásticos agrícolas

LugoXa
Segundo o goberno local, a iniciativa suporá un aforro medio de 230 euros por cada explotación para este ano.
plasticos agricolas
8 Abr 2021

O Concello de Palas de Rei vén de anunciar que este ano asumirá a recollida e eliminación gratuíta dos plásticos agrícolas no municipio. Esta medida enmárcase dentro dos Programas de reciclaxe e valorización de residuos que o consistorio ten en marcha.

Segundo o goberno local, a iniciativa suporá "un aforro medio de 230 euros" por cada explotación para este ano, unha cantidade "que deberían aboar os responsables da explotación, en caso de non asumir o Concello o citado proceso de recollida e eliminación dos plásticos que xeran a consecuencia da actividade agraria".

0.20663404464722