O Concello de Pedrafita organiza un campamento de verán para nenos e nenas de 3 a 10 anos

O Concello de Pedrafita do Cebreiro pon en marcha un novo campamento de verán dirixido a nenos e nenas de 3 a 10 anos, cun programa cargado de actividades lúdicas e educativas para gozar do tempo de lecer durante as vacacións escolares.
O campamento desenvolverase dende o 7 de xullo ata o 5 de setembro, en horario de 10:00 a 13:30 horas, de luns a venres. As prazas son limitadas, polo que se recomenda facer a inscrición canto antes. Terán preferencia os nenos e nenas empadroados no municipio, segundo a orde de inscrición.
As persoas interesadas poden solicitar máis información ou anotarse chamando ao número de teléfono 982 36 71 03.