O Concello de Portomarín abre a convocatoria para a concesión de dous locais do mercado municipal

LugoXa
O Concello de Portomarín abre a convocatoria para a concesión de dous locais do mercado municipal.
mercado_municipal_portomarin
mercado_municipal_portomarin
6 Feb 2024

O Concello de Portomarín abre a convocatoria para a concesión de dous locais do mercado municipal. Tratáse dun procedemento aberto, de tramitación ordinaria e concurso público que atenderá á oferta economicamente máis vantaxosa.

Arrendaranse o local número un de 56,32 metros cadrados e o número 10 de 21,69 metros cadrados. O prezo é de 5,40 €/m2, cos impostos incluídos, pero a contía é mellorable á alza. Os interesados poden presentar as ofertas ata o 20 de febreiro.

Pódese obter máis información ou solicitar a documentación nas oficinas do Concello de Portomarín, a través do teléfono 982 545 070 ou do correo electrónico: obras@concellodeportomarin.es

0.16067790985107