O Concello de Portomarín mellora a pista que une As Moreiras e Mariz na parroquia de Recelle

O alcalde de Portomarín, Pablo Rivas, e o concelleiro José Manuel López visitaron a parroquia de Recelle para comprobar o resultado das obras de acondicionamento da pista que une os lugares de As Moreiras e Mariz.
Os traballos incluíron a limpeza das cunetas e a pavimentación con aglomerado en quente, mellorando así o estado da vía e a seguridade do tráfico rodado.
Desde o Concello explican que esta intervención forma parte do plan municipal de mantemento e mellora das infraestruturas viarias, co obxectivo de garantir unha mobilidade máis segura e cómoda para todos os veciños.
“Seguimos a traballar para mellorar as vías municipais, comezando sempre polas que se atopan en peor estado”, destacou o rexedor, reafirmando o compromiso do goberno local coa conservación das estradas rurais.