O Concello de Portomarín ofrece un curso gratuíto de manipulador de alimentos e hixiene alimentaria

LugoXa
A iniciativa formativa, promovida a través de Afammer, busca reforzar os coñecementos sobre seguridade e prevención no manexo de produtos para consumo humano
Pazo-Xeral-Paredes-Portomarín
17 May 2025

O Concello de Portomarín ofrecerá o vindeiro 22 de maio un curso gratuíto de manipulador de alimentos e hixiene alimentaria, unha iniciativa formativa promovida a través de Afammer que busca reforzar os coñecementos sobre seguridade e prevención no manexo de produtos destinados ao consumo humano.

O curso terá unha duración de catro horas e desenvolverase entre as 15:00 e as 19:00 horas nas instalacións do Pazo Xeral Paredes. Ao longo da sesión, as persoas participantes aprenderán a identificar as principais fontes de contaminación dos alimentos e a aplicar correctamente a normativa vixente en materia de seguridade e hixiene alimentaria durante a súa preparación e elaboración.

Esta formación está dirixida a todas aquelas persoas que traballan ou desexan traballar no sector da alimentación, hostalería ou restauración, sendo un requisito indispensable en moitas ocupacións profesionais. A inscrición pode realizarse chamando ao número 621 197 440.

⚙ Configurar cookies
0.13336706161499